Thursday 19 de September de 2024

A Xunta participa nun minuto de silencio en repulsa polo crime machista cometido na Coruña


A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e outros membros do Goberno galego participaron esta mañá nun minuto de silencio na sede da Xunta en San Caetano en repulsa polo crime machista cometido na Coruña. Tamén se gardou un minuto de silencio en todas as Delegacións territoriais da Xunta.

A conselleira reiterou a repulsa do Goberno galego a calquera tipo de violencia de xénero e destacou que situacións coma esta constatan que aínda queda moito traballo por facer. Así mesmo, dirixiuse a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero para que denuncien a través dos recursos a súa disposición como o teléfono confidencial e anónimo 016 ou os Centros de Información á Muller que existen por toda a Comunidade.